Mostrando entradas con la etiqueta Precine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Precine. Mostrar todas las entradas

Actividade 3 Precine: Descubrimos a Muydbrige.

Actividade 3
Sobre o precine. Flipbook ou folioscopio: o libro que se move · Descubrimos a Muydbrige.





Nesta unidade didáctica aprendemos a utilizar a persistencia retiniana para crear animacións e nos aproximamos a personaxes da prehistoria do cine.




Un folioscopio é un libro que contén unha serie de imaxes que varían gradualmente dunha páxina á seguinte, para que, cando as páxinas pásen rapidamente, as imaxes parezan animarse simulando un movemento continuo ou outro cambio. Os flipbooks son ilustrados usualmente por nenos e debuxantes, pero poden estar tamén orientados a adultos e empregar unha serie de animacións como na obra ilustrada no vídeo.
O primeiro invento relacionado fué patentado en 1868 por John Barnes Linnet co nome de kineograh.





Folioscopios do alumnado de cultura audiovisual 


Os folioscopios son pequenos cadernos ou libros cunha serie de debuxos ou imaxes nos que, cando pasamos as follas rapidamente, dan a ilusión de movemento. Permiten facer pequenos filmes sen cámaras ou proxectores que poden ser colocadas non peto e obedecer ao dedo e o ollo na casa, na escola, no traballo, etc..  Atrévete a facer un: é divertido e  nunca falla!




Documentación: O Taboleiro colaborativo de Pinterest Precine creado pola Tribu 2.0, no que participamos docentes, sérvenos para almacear e compartir todo tipo de materiais, exercicios e recursos relacionados con cine e ensino. Sobre os inventos predecesores ao cinematógrafo podemos votar unha ollada aos audiovisuais seleccionados no blog de cultura audiovisual para artes.




Descubrimos a Muydbrige



O quinetoscópio (tamén Kinetoscope ou kinetoscópio) foi un precursor do proxector de imaxes en movemento. Foi desenvolvido por William Kennedy Laurie Dickson traballando con Thomas Edison. Segundo feitos históricos, antes de ter a idea, Edison inspirouse nunha visita a Eadweard Muybridge en 1888, un fotógrafo que desenvolvera o invento que chamou Zoopraxiscope. Parece que Muybridge, que inventara o zoopraxinoscopio en 1871, foi destinado a financiar e promover unha asociación máis forte co Edison no desenvolvemento dunha máquina que podería emitir son e mostrar imaxes á vez. Neste proxecto incluía o fonógrafo inventado por Edison. O cine con son non se inventaría ata unhas décadas despois en 1927 sendo o primeiro film "o cantor de jazz"

captura de pantalla de google imágenes: Zoopraxinoscopio 



Muybrige foi un famoso fotógrafo e investigador británico nado en 1830 que emigrou aos Estados Unidos en 1851. Os seus experimentos serviron de base para o cinematógrafo, posterior invento dos irmáns Lumière. Captaba imaxes de acción en movemento a modo de fotogramas. Os Lumière desenvolverían a proxección aplicando o movemento secuenciado continuo empregando 16 imaxes por segundo. Na actualidade o cinema utiliza 24 imaxes ou fotogramas por segundo, 25 imaxes ou frames utilizamos co sistema PAL de televisión e 30 imaxes utiliza o sistema NTSC. 






Para fotografiar a secuencia dun cabalo en movemento e capturas as zancadas, en 1878, Eadweard Muybridge utilizou unha serie de 12 cámaras estereoscópicas espaciadas a intervalos dunha distancia aproximada de 5 metros tomando fotos nunha milésima de segundo. Estas fotos animadas (aquí), tomadas no que agora é o campus da Universidade de Stanford, resolveron un tema moi debatido no seu día: se os catro cascos dun cabalo érguense do chan ao mesmo tempo durante o galope. 



Coa animación stop motion utilizamos o principio de persistencia retiniana que experimentamos creando ou visualizando un folioscopio. Creando un flip book e unha animación realizamos os exercicios ideais para expresarnos e comunicar mentres aprendemos técnicas e linguaxe audiovisual.


APRENDE A FACER UNHA ANIMACIÓN






Unha animación realízase cadro a cadro (frames). Variando pouco a pouco a posición dos debuxox. bonecos, ou os recortes de imaxes. Cun editor de video ou unha aplicación informática específica podemos unir os frames para crear unha secuencia. Os editores de video permiten engadir na "liña de tempo" un audio gravado ou gravar son.




Un Time Lapse é unha captura de imaxes temporalizada baseada no principio de persistencia retiniana. Neste vídeo capturouse unha imaxe por minuto mentres os alumnos de Cultura Audiovisual do ÍES Maria Soliño realizaban unha sesión de gravación para a sua poesía audiovisual "anacos". Podemos utilizar unha app instalada nunha tablet, nun dispositivo móbil, disparar paulatinamente cunha cámara dixital suxetada nun trípode ou utilizar un programa informático nun ordenador para capturar imaxes a través da cámara web.



Exercicios:
3.1 Facer un folioscopio
3.2 Crear un stop motion
3.3 Capturar un time lapse nunha videocreación


Rúbricas de Avaliación

Máis documentación:

Cultura Audiovisual Artes: Los Inicios (referencias)


Flips books de artistas

Precine (taboleiro colaborativo)


O cine como recurso didáctico
ite.educacion.es/formacion/materiales: el_kinetógrafo_y_el_kinetoscopio