Mostrando entradas con la etiqueta Linguaxe e técnicas audiovisuais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Linguaxe e técnicas audiovisuais. Mostrar todas las entradas

Actividade 5 Linguaxe e técnicas

Actividade 5


A linguaxe e as técnicas audiovisuais.
Facemos unha secuencia revertida e un plano secuencia.






A unidade mínima de expresión visual na banda deseñada é a viñeta. (Nas fotonovelas a fotografía compre o papel da viñeta). No audiovisual a unidade é o frame, equivalente ao fotograma no cine.Todas teñen en común aspectos como o encadre, o tipo de plano e a súa angulación, con valores e contidos de comunicación diferenciados. 

Para ter unhas nocións básicas da linguaxe audiovisual temos que estudar, investigar e practicar contidos dos seguintes apartados:



Linguaxe audiovisual


 5  A montaxe 
   6 Transicións e efectos de post-produción



En xeral e para todos os niveis da educación secundaria, ESO e bacharelato podemos guiarnos polo seguinte esquema acotando ou implementando contidos segundo o nivel. As ligazóns mostran contidos desenvoltos en 4º de ESO e bacharelato utilizados también como documentación en obradoiros con 1º de E.S.O. 



See more at: Cultura Audiovisual: esquema de contidos



Infografías
Infografía "Tipos de Planos" de Isaac Pérez 


Infografía "Tipos de ángulos" de Nerea Lorenzo 

Infografías do alumnado de 1º de bacharelato de artes do IES María Soliño, curso 2014-2015.



Recursos para a Narración Dixital


CinEDUmotion
Animación
tipos de planos según o seu encadre e a angulación da cámara:

Exercicio de Elsa e Ana 
Alumnas e alumnos de 1º de Bachillerato de Artes do IES María Soliño entregaron para Cultura Audiovisual  exercicios nos que ilustran con fotografías diferentes tipos de planos. 




Neste video profesional proporcionase unha documentación de encadres centrados simetricamente. Encadre centrado:


Wes Anderson // Centered from kogonada on Vimeo. (Visto en Ceroenconducta)







Practica unha secuencia revertida
Para facer unha secuencia revertida planificamos primeiro a gravación de xeito que podamos facelo nunha sola toma como nos planos secuencia.
A secuencia revertida caracterizase en que as personaxes realizan a acción marcha atrás. Despois co editor de video revertimos a secuencia. Resulta especialmente chamativo dirixir accións nas que as cousas caen de modo que no resultado final aparezan que érguense máxicamente.
Na seguinte secuencia revertida improvisamos un desfile entre toda a clase. A música escollida no banco de imaxes e sons do INTEF compártese con licenza creative commons e grazas a iso non poden insertarmos publicidade cando o subimos a plataformas de video e podemos compartilo libremente sempre que nomeemos aos autores ou propietarios.




Fai un croma para romper a barreira do espazo e o tempo na aula. A técnica audiovisual do croma permíteche situar ao  alumnado en calquera tipo de contexto dentro dun vídeo, a nivel espacial e temporal. Isto facilita a investigación, o proceso de aprendizaxe e a motivación. Para coñecer a infraestrutura, o software e realizar unha pequena produción multimedia en calquera lugar do mundo e en calquera tempo. Trátase dunha actividade apropiada para calquera nivel e área educativa.
Video Croma de Fer Guimeráns


Video Croma de Xurxo González








Rúbricas de Avaliación