Mostrando entradas con la etiqueta Actividade 2. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividade 2. Mostrar todas las entradas

Actividade 2. Construir unha ficción

Actividade 2 

Sobre a escritura. "A primera vez que vin unha película".
Construir unha ficción e crear un guión.




No século XXI nácese inmerso nun mundo de imaxes en movementos creadas polo ser humano. As televisións, ordenadores, tabletas e dispositivos móviles están ao noso arredor. ¿lembras cal foi o primeiro film que viches? ¿e o primeiro programa de tv? ¿Que película deixou pegada na tua memoria?.


A maxia do cine sorprendeu especialmente nos seus inicios. Actualmente a televisión, os reproductores on line, os videoxogos e o cinema en 3D nos resulta cotidian ou cohetáneo. O reto para o creativo é empregar todas as ferramentas que temos ao noso alcance para emitir unha mensaxe, amosar unha realidade ou transmitir emocións a través da ficción. As ferramentas mais sinselas para grabar e editar témolas en xeral ao noso alcance no fogar e na escola. Para meiorar a nosa expresión temos que estudar e investigar uns principios básicos da linguaxe audiovisual practicando con algunha aplicación informática. Para facer un traballo organizado e acadar mais calidade na producción audiovisual séguese xeralmente varios pasos. Un dos primeiros será redactar o guión.

Nos traballaremos os aspectos básicos para escribir un Guión Cinematográfico tendo en conta que o que imos crear é unha curtametraxe. A película es unha curtametraxe cando a duración non supera os 30 minutos como máximo, de 30 a 60 minutos é unha mediometraxe e a partir de 60 minutos trátase dunha longametraxe. 

Estracto do guión gráfico (story board) elaborado por Ana Davila do IES María Soliño para a curta "Enrolate, Doa o teu corazón" accesit da Consellería de Sanidade.




«Storyboard for The Radio Adventures of Dr. Floyd» licenza CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons 



Un guión é un texto expositivo que informa, explica ou indica de maneira clara os dialogos, personaxes, planos, esceas, secuencias...
A realización dun Story Board e grazas a linguaxe secuencial axudaranos a materializalo graficamente. 
Con todo, tan importante como a súa corrección é a súa claridade é a súa coherencia interna, é dicir, a orde na progresión da información. Por todo iso, faise imprescindible un esquema-guión previo que vos axude a elaborar o borrador do que pensedes escribir.




Fernando Cámara, director e guionista, conta os ingredientes fundamentais para unha boa curtametraxe. Ademáis da recomendación de transmitir emocións, con ganas e ilusión, achega uns trucos:

A narración debe conter un conflicto, a personaxe definirase en base ao conflicto, personaxe  + conflicto = historia, a historia debe ter un principio mais un final e por último escribrirase nun formato de guión estandar. O meior para aprender a escribilos é ler guións.



Exercicios

Investiga sobre os conceptos básicos de percepción visual e a linguaxe visual. Aprende algunhas técnicas de edición de imaxe e vídeo para ordenadores e dispositivos móbiles que teñas ao teu alcance.

Escribe un texto para contar aos demais como foi a primeira experiencia que lembras ao ver o teu primeiro film no cine. Pódese contar tambén visualmente e por medio de viñetas nunha banda deseñada ou nun mapa visual. 



Redacta un texto que responda as seguintes preguntas:
¿Como foi?
¿cal?
¿Cando?
¿Que sentín?
¿Por que gustoume ou non?



A idea
Busca unha idea, algo que dicir ou transmitir. Se iso non ocorre á primeira, temos varias técnicas de creatividade para atopala a modo de obradoiro creativo para extraer e definir ideas traballando en grupo: A chuva ou tormenta de ideas, brainstorming, o obradoiro de escritura, adaptar clásicos literarios ou facer interpretacións libres de contos, textos, etc. Cando teñas ou teñades claro que argumento queredes desenrolar o seguinte paso e estructuralo.

O Guión
Nas ligazóns hai exemplos de guións, guións para adaptar e varias recomendacións.
Crea un script a partir do argumento e debuxa un storyboard (o guión gráfico). Á viñeta é moi útil para transmitir ao equipo de rodaxe como vaise encadrar a toma.

Consideracións técnicas
A Edición de video require xeralmente equipos mais potentes que os de uso común. Pero tendo unha serie de consideracións podemos implementar a capacidade de todos os ordenadores.
Optimiza o rendemento do teu dispositivo desconectándoo de internet, pechando outras aplicacións e elimina as opcións de configuración automática, como fondos de pantalla personalizados, etc.
Na montaxe edita pequenas secuencias para evitar que o dispositivo se colgue.

Dereitos de Autor
Usa só audio creado por ti ou atopao compartido con certos tipos de licenzas Creative Commons como no Banco de imaxes e sons do Intef. Hai tambén compositores que en internet permiten que descarges dun sitio web a sua música para utilizala sen fins comerciais. Cando empregues as súas creacións sempre hai que facer referencia ao autor nos títulos de crédito.


Selección de materiais complementarios:


Exemplo dun guión para unha curta en inglés: