Mostrando entradas con la etiqueta Percepción Visual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Percepción Visual. Mostrar todas las entradas

Actividade 1 Percepción e comunicación visual

Actividade 1  

Versa e complementa a percepción visual. Construir una cámara estenospeica cunha caixa e un material fotosensible.





Correspondencias cos contidos curriculares: 
                                                                      Bases da comunicación

                                                                      Emisor - Canal - Receptor
                                                                     Mensaxe - Código - Contexto
                                                                      
                                                                      Funcións da linguaxe
                                                                      
                                                                      Percepción visual
Introducción

A natureza emite constantes mensaxes visuais cuios códigos son descifrados en función das capacidades e necesidades dos seres vivos. A luz é o elemento fundamental e indispensable que permite achegar as mensaxes visuais.

A vida da maioría dos seres vivos está adaptada desde fai millóns de anos aos ciclos do día e a noite. Unha sombra inesperada pode ser unha sinal de perigo. As cores na natureza teñen asignados os seus códigos establecidos na evolución. Un animal venenoso moitas veces está cuberto cunha cor totálmente diferente á normalidade, como por exemplo ás rás vermellas ou azuis. Algúns peixes de cores empregam também cores chamativas como código para aullentar a depredadores. A complexidade dos códigos desenvoltas polo ser humán ten ademais outros factores a ter moi en conta: O contexto, a cultura, a psicoloxía, as emocións, etc.

               
                                                     
   
                                                         
O ollo é unha cámara oscura e nel desenvolvese o proceso da visión.  A información recollida polos ollos é enviada ao cerebro. Temos un sistema transmisor que vai do nervio óptico ao cerebro. Como na cámara oscura a imaxe  chega invertida ao ollo pero o cerebro recompón a visión no proceso de percepción.

Algúns dos factores que influen e modifican a nosa percepción visual son culturais, emocionais e formativos. Cando practicamos a linguaxe visual e audiovisual melloramos a nosa capacidade perceptiva e creativa.



Presentación sobre a percepción visual realizada pola alumna de bacharelato de artes Paula Broullón para a asignatura debuxo artístico no IES María Soliño en 2015.

A comunicación visual prodúcese cando se empregan imaxes e o receptor é a visión. Para comunicarnos utilizamos ademais das imaxes, sons, palabras e/ou xestos. Empleandose estes recursos conxuntamente conseguimos unha comunicación máis efectiva. Os elementos básicos da comunicación visual son o emisor, a canle, a mensaxe, o receptor e o contexto.




Emisor:  É quen emite a mensaxe, pode ser ou non unha persoa.
Receptor: É quen recibe a información.
Canle: É o medio físico polo que se transmite a mensaxe, como internet, un teléfono, a tv, etc.
Código: Sistema de sinais ou signos que se usan para transmitir unha mensaxe, por exemplo, o inglés, o castelán, o código morse.
Mensaxe: É o que se quere transmitir.
Contexto: É a situación ou contorna extra lingüística na que se desenvolve o acto comunicativo.
                                                
 infografías







Actividades:

Exercicio 1 Construir unha cámara estenopéica
Utilizamos unha caixa de cartón para facer unha cámara estenopéica. Nun lado perforamos para facer o obturador e preparamos un sistema para tapar e destapar o buraquiño. No lado oposto e no interior da caixa irá o papel fotográfico. A caixa estará pintada de cor negra por dentro. O principio da cámara escura transmite a imaxe invertida.


Unidade didáctica 1Cámara estenopeica "O fabuloso mundo das imaxes" 
password: 1111

Material Fotosensible: Papel fotográfico ou película negativa.


Lembra que o papel fotográfico tense que manipular no laboratorio con luz vermella. Primeiro colocaremos o papel fotográfico na caixa estenopéica a oscuras ou con luz vermella. Empregamos papel fotográfico ou película negativa (carrete) e a imaxe rexistrase en negativo. Facemos a fotografía deixando un tempo de exposición medio dun minuto. Podemos consultar taboas de tempo de exposición á luz en función do tamaño do buraco da caixa que sirve de obturador. 
Si facemos o mismo proceso con película negativa temos que manipular o negativo totalmente a oscuras.

Captura unha imaxe cunha función ou cun sentido comunicativo. Descubre a poesía visual do artista español, premio nacional de fotografía, Chema Madoz.


imaxes



http://es.slideshare.net/juanlumarvel/practica-1-la-cmara-estenopeica


Exercicio 2 Deseñar infografías

recursostic.educacion.es: infografias-e-competencia-dixital by César Vallejo  
apps: ferramentas (proxecto colaborativo infoEDUgrafías).
Exemplo de infografías de alumnado de secundaria.

Propostas: A comunicación
                A Percepción visual
                Funcións da linguaxe
                Cámara oscura
                Fotografía estenopeica
               


Exercicio 3 para clase invertida e altas capacidades:

Comproba que funcións da linguaxe verbal temos também na linguaxe audiovisual e pon un exemplo.


apelativa
referencial
metalingüística
expresiva 
poética
fática