Cada unha das actividades propoñen unha entrega de documentos avaliables segundo as rúbricas de avaliación. As presentación realizadas polo alumnado deben ser de diferentes formatos. A avaliación colectiva consiste tamén na posta en común, o esquema de traballo exposto á aula (síntese), os resultados e a súa análise.
As competencias crave deben estar integradas nas áreas ou materias e que todas elas deben participar no desenvolvemento das competencias crave.
Que as competencias deben desenvolverse nos ámbitos da educación formal, non formal e informal, nas etapas educativas aludidas e ao longo de toda a vida.
A Orde ECD/65/2015 sobre as competencias, indica tamén que a selección dos contidos e as metodoloxías debe asegurar o desenvolvemento das competencias.
Establece as relacións cos criterios de avaliación e coas súas desagregación nos estándares de aprendizaxe avaliables, como forma de valorar o desenvolvemento competencial do alumno.
Avaliación das competencias crave:
Outro dos aspectos que se tratan na Orde ECD/65/2015 sobre as competencias, é sobre como avalialas. Concretamente o artigo 7 está dedicado a este aspecto. Algunhas ideas crave que se nomean neste artigo son:
O contido da avaliación, tanto continua como final, terá en conta o grao de dominio das competencias crave de cada etapa.
Os instrumentos e estratexias de avaliación deben ser válidos e fiables que avalíen ao alumnado de acordo cos seus desempeños na resolución de problemas que simulen contextos reais e que mobilicen os seus coñecementos, destrezas, valores e actitudes.
Débense establecer relacións entre os estándares de aprendizaxe avaliables e as competencias crave.
O grao de adquisición das competencias debe estar integrada coa avaliación dos contidos.
Ademais, estableceranse indicadores de logro, que miden o nivel de desempeño das competencias crave.
Ademais, eses indicadores de logro, como rúbricas ou escalas de avaliación, deben incluír rangos dirixidos á avaliación de desempeños, que teñan en conta o principio de atención á diversidade.Igualmente terase en conta por parte do profesorado as medidas oportunas para garantir a avaliación do grao de dominio das competencias do alumnado con discapacidade.
Finalmente, a Orde ECD/65/2015 sobre as competencias, no seu artigo 7 sinala a necesidade de incorporar estratexias que permitan a participación do alumnado na avaliación dos seus logros, mediante diferentes estratexias que se propoñen, como a autoevaluación.
RÚBRICA de Avaliación para un audiovisual
Criterios de avaliación
|
8-10
Moi Ben
|
6-7
Ben
|
5
Suficiente
|
1-4
Insuficiente
|
Documentación
Achega datos sobre a sua busqueda de información.
Cotexa datos.
Presenta un esquema ou resumo da sua labor no equipo de traballo.
| ||||
Guión gráfico (Story board)
Planifica con coherencia a historia, tendo en conta os distintos tipos de plano, o tempo , os ángulos e o movemento?
| ||||
Escenarios e personaxes
¿Realizou bosquexos de personaxes, selección de localizacións, escenarios e atrezzo , valorando a utilización e os recursos da linguaxe plástica e tendo en conta o planificado no guión gráfico?
| ||||
Imaxes animadas
¿O número e a calidade das imaxes tradúcese en movemento fluido?
| ||||
¿Fotografía,
¿A iluminación, o encadre, e o enfoque son adecuados?
¿A imaxe é funcional?
| ||||
Montaxe
¿Utiliza diferentes planos e con claridade, transmitindo fielmente o que se quere transmitir?
| ||||
Audio (Locución)
É claro, audible e se adecua as imaxes e o contexto ?
Audio (Música)
¿É adecuada á historia, escoitase nítidamente e citase a autoría?
| ||||
Título, rótulos, créditos
¿Representan ben ao argumento ou ás escenas?
¿A ortografía é correcta?
¿Están animados?
| ||||
Orixinalidade
¿O audiovisual é creativo, con boas ideas, aporta algo novo, ou non é en absoluto interesante repetindo fórmulas aprendidas?
|
Ficha para avaliación e coavaliación
De 0 a 2 o alumnado participa na avaliación dos resultados acadados en cada actividade. os espazos pódense ampliar para ter a rúbrica da avaliación do docente, a súa propia avaliación e a media da avaliación colectiva na aula.
Mapa visual de Cesar Poyatos para #dibújamelas
Auto-avaliación da docencia.
O presente recurso está completo, descargable, con tarefas interativas e implementado no repositorio de contidos educativos na web ABALAR da Xunta de Galicia.



