Mostrando entradas con la etiqueta Avaliacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avaliacións. Mostrar todas las entradas

Avaliacións




Facemos crítica constructiva das nosas produccións e nos avaliamos de novo en cada actividade.
Cada unha das actividades propoñen unha entrega de documentos avaliables segundo as rúbricas de avaliación. As presentación realizadas polo alumnado deben ser de diferentes formatos. A avaliación colectiva consiste tamén na posta en común, o esquema de traballo exposto á aula (síntese), os resultados e a súa análise.


As competencias crave deben estar integradas nas áreas ou materias e que todas elas deben participar no desenvolvemento das competencias crave.
Que as competencias deben desenvolverse nos ámbitos da educación formal, non formal e informal, nas etapas educativas aludidas e ao longo de toda a vida.
A Orde ECD/65/2015 sobre as competencias, indica tamén que a selección dos contidos e as metodoloxías debe asegurar o desenvolvemento das competencias.
Establece as relacións cos criterios de avaliación e coas súas desagregación nos estándares de aprendizaxe avaliables, como forma de valorar o desenvolvemento competencial do alumno.

Avaliación das competencias crave:

Outro dos aspectos que se tratan na Orde ECD/65/2015 sobre as competencias, é sobre como avalialas. Concretamente o artigo 7 está dedicado a este aspecto. Algunhas ideas crave que se nomean neste artigo son:

O contido da avaliación, tanto continua como final, terá en conta o grao de dominio das competencias crave de cada etapa.
Os instrumentos e estratexias de avaliación deben ser válidos e fiables que avalíen ao alumnado de acordo cos seus desempeños na resolución de problemas que simulen contextos reais e que mobilicen os seus coñecementos, destrezas, valores e actitudes.
Débense establecer relacións entre os estándares de aprendizaxe avaliables e as competencias crave.
O grao de adquisición das competencias debe estar integrada coa avaliación dos contidos.
Ademais, estableceranse indicadores de logro, que miden o nivel de desempeño das competencias crave.
Ademais, eses indicadores de logro, como rúbricas ou escalas de avaliación, deben incluír rangos dirixidos á avaliación de desempeños, que teñan en conta o principio de atención á diversidade.
Igualmente terase en conta por parte do profesorado as medidas oportunas para garantir a avaliación do grao de dominio das competencias do alumnado con discapacidade.
Finalmente, a Orde ECD/65/2015 sobre as competencias, no seu artigo 7 sinala a necesidade de incorporar estratexias que permitan a participación do alumnado na avaliación dos seus logros, mediante diferentes estratexias que se propoñen, como a autoevaluación.





RÚBRICA de Avaliación para un audiovisual

Criterios de avaliación
8-10
Moi Ben
6-7
Ben
5
Suficiente
1-4
Insuficiente
Documentación
Achega datos sobre a sua busqueda de información.
Cotexa datos.
Presenta un esquema ou resumo da sua labor no equipo de traballo.





Guión gráfico (Story board)

Planifica con coherencia a historia, tendo en conta os distintos tipos de plano, o tempo , os ángulos e o movemento?





Escenarios e personaxes

¿Realizou bosquexos de personaxes, selección de localizacións, escenarios e atrezzo , valorando a utilización e os recursos da linguaxe plástica e tendo en conta o planificado no guión gráfico?





Imaxes animadas

¿O número e a calidade das imaxes tradúcese en movemento fluido?




¿Fotografía,
¿A iluminación, o encadre, e o enfoque son adecuados?
¿A imaxe é funcional?




Montaxe
¿Utiliza diferentes planos e con claridade, transmitindo fielmente o que se quere transmitir?




Audio (Locución)
É claro, audible e se adecua as imaxes e o contexto ?

Audio (Música)
¿É adecuada á historia, escoitase nítidamente e citase a autoría?





Título, rótulos, créditos

¿Representan ben ao argumento ou ás escenas?

¿A ortografía é correcta?

¿Están animados?




Orixinalidade
¿O audiovisual é creativo, con boas ideas, aporta algo novo, ou non é en absoluto interesante repetindo fórmulas aprendidas?






Ficha para avaliación e coavaliación
De 0 a 2 o alumnado participa na avaliación dos resultados acadados en cada actividade. os espazos pódense ampliar para ter a rúbrica da avaliación do docente, a súa propia avaliación e a media da avaliación colectiva na aula. 


AvaliaciónCoavaliación
210210
:-):-I:-(:-):-I:-(
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12










 x2= x1=x2=x1=
TOTAL:








Mapa visual de Cesar Poyatos para #dibújamelas




 Exemplo da avialiación dun producto ou prototipo escolar






Auto-avaliación da docencia.




O presente recurso está completo, descargable, con tarefas interativas e implementado no repositorio de contidos educativos na web ABALAR da Xunta de Galicia.


INICIO