Preme aquí para descargar o recurso completo desde ABALAR.
Na actualidade a alfabetización mediática é unha necesidade cara ao análise e comprensión dun mundo cheo de imaxes fixas e en movemento. As novas linguaxes, non formais, utilizánse para a expresión e comunicación do ser humano. Para poder acadar unha capacidade analítica das mensaxes con criterio e ter a posibilidade de expresarmos con creatividade, a linguaxe audiovisual é un medio facilitador de coñecemento e creatividade indispensable.
Converter ao alumno no auténtico protagonista da súa educación é posible combinando contidos, metodoloxía e tecnoloxía para que non só aprenda máis senón para que tamén vaia aplicando os coñecementos que adquire. As unidades didácticas integradas para o aprendizaxe baseado en proxectos aplica a teoría das "intelixencias múltiples" e a "aprendizaxe cooperativa". Invertimos a clase con propostas para que o alumnado sexa partícipe da sua aprendizaxe, deseñe mapas visuais, infografías, traballe en equipo e cree e procese audiovisuais potenciando a chamada "cultura do pensamento" e a creatividade.
Estas 10+3 unidades didácticas achegan materiais e recursos para utilizar con alumnado de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Percepción (Por que), Emoción (Para que) e Acción (como) é a secuencia-esquema de traballo para as unidades e actividades propostas.
Percepción (Por que), Emoción (Para que) e Acción (como) é a secuencia-esquema de traballo para as unidades e actividades propostas.

.

.
Contidos

Recursos para complementar: Stopmotionnow e Aplicaplástica
Páxina principal


